Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Lousame celebra este domingo a XXI Festa do Galego cun concerto da banda municipal e unha exposición homenaxe a Diego Antonio Zernadas de Castro


O Concello de Lousame organiza este domingo 14 de maio dúas interesantes actividades encadradas na programación da XXI Festa do Galego e que terán lugar na Praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo. A partir das 12:00 horas, poderase desfrutar dun Concerto das Letras Galegas ofrecido pola Banda de Música de Lousame.

A segunda actividade terá de protagonista a Diego Antonio Zernadas de Castro, o “cura de Fruíme” para quen o Concello de Lousame vén anos reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas. Por iso, a partir do mediodía ofrecerase unha exposición itinerante sobre a súa vida e obra. A mostra leva por título ‘Diego Antonio Zernadas de Castro. O primeiro precursor do galeguismo” e poderase ver o domingo na praza do Concello de Lousame. Despois trasladarase á sala de exposicións da Casa de Cultura.